PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

lunes, 9 de agosto de 2010

SEMPRE AE UNHA PRIMEIRA VEZ (Festa do polbo,Carballiño)

Xa fai anos que levo escoitando desta festa gastronomica,pero sempre digo o mesmo,"po ano vou",ata este domingo pasado que collin o "torismo" eu mais uns veciños "VA,VA".

Levana facendo dende o ano 1964,que se xuntaros uns amigos do municipio pa degustar este manxar,traido a estas terras por os frailes cistercienses do monasterio de Oseira,quedei abraiado con tanta xente,un feixe de pulpeiros,panadeiros (cea),chiringuitos........

A verdade non sei o que ten comelo nas feiras pero sabe a gloria,temen houbo carne o caldeiro,chorizos empanadas.......... po ano volvo





























9 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Non se che escapa unha... Dende logo que sabe a "jloria" nas feiras.
Se foches co Fonsiño e a familia, aburrir seguro que non te aburriches...
O que me extraña e que foras ata o Carballiño, habendo tremenda festa da sardiña e da cervexa aquí ó lado, organizada polos teus veciños (este ano parece que lles saíu mal).

Que aproveite entón.

Logio dijo...

Fas ben que non todo vai ser traballar.

Merce dijo...

Din por ahí que o mellor polbo do mundo cociñase en Carballiño, e aseguroche que e con moita razon :)

Quedanche mais amigo, a do pemento de Arnoia, a do doce e a empanada de Allariz, a da historia en Ribadavia, a da carne ao caldeiro na Peroxa... uufffff que ben se come na terriña, en calqueira punto da nosa terra, toda ela e un autentico manxar :)

Alegrome que a disfrutaras e que che quedaran ganas de recuncar :)

Biquiños

Bolboreteira dijo...

O caso e ir unha vez...que logo sempre queres repetir, encantanme estas festas campestres tan galegas.Esta do Carballiño está a coller moita sona, haberá que ir un ano destes.
Saudiños

Raposo dijo...

En Galicia outra cousa non haberá pero festas gastronómicas e papatorias.... xa che digo! Polo que leo pasáchelo ben, alégrome!

vintxuca dijo...

Boa pinta si que ten a paparotada... di que si...as festas gastronómicas galegas son algo fundamental...e hai que aproveitar no vrao que logo chega o inverno e nos cortan o grifo.
Apertas!

Mer dijo...

a verdade é que vendo as fotos dan ganas de ir, ¿ onde é?

A nena do paraugas dijo...

Alégrome que che gustara. O carballiño sen a Veracruz, o parque, o balneario ao pé do Arenteiro e a feira do polbo non sería o mesmo.

Un saúdo.

Maribel-bel dijo...

Moita xente había..a troula segue a encher os pavillóns, non hai crise que ataque. Un saúdo