PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

jueves, 7 de mayo de 2009

COLLEITA PROPIA

Hoxe dediquenme a horta, pola maña fun a buscar un cento de verdura a casa de Encarcion tamen conocida como ( Cita da castañona)cobroume seis farelos (euros).

A parte de veciños tamen nos levamos ben,que a dia de hoxe non é facil(que conste que eu levome de maravilla con todos pero cando estas a falar con un é no medio da conversa pasa outro e non che mira pa cara porque estas de charla con un que el non se fala e jodido) . Agasalloume con medio centenar mais,cando estaba abrindo os asucos viñame a mente un bó cocido có seu pito da casa,xarrete de tenreira ,costela de corricho e o seu xamon e como non unha bandexa de verzas claro.

Ter terreno e un privilegio,é a averdade non custa nada traballar unha horta é xa non tes que ir o "super"pa buscar legumbres e derivados,sen sacrificio non ai nada, outros que non teñen terra xa lle gustaria poder plantar uns tomatiños

O que sea principiante neste tema ,simplemente necesita como maquinaria un"lejon" que eu personalmente recomendo este ,marca bellota nº3 e unha maravilla iso si ai que doblar o lombo.






6 comentarios:

Tito dijo...

Oe ragarialos non, porque como che sequen despois non os podes comer no cocido..., Vas ter verdura pa fartar.

Carlos Sousa dijo...

Conforme me mostraches as bicis con motor, non toparía un "lejón" con enchufe? Non sería mala idea.

E ti sempre pensando en comer, ata cando estás a traballar.

Barreira dijo...

A medida que un vai abrindo os regos, vai cansando cada vez mais. Pero esa técnica de pensar no cocido mentres se cava é un incentivo para seguir ata rematar o rego. E nada de atrapallado. Ben dereitiño.
Resumindo, que pensando nun bon cocido dobrase mellor o lombo. E si o cocido está a esperar para xantar ainda mellor.
Saudos.

roberto dijo...

mañan dan choiva a ver se levantan a cabeza esas verzas.diseronme na miña casa que quen plantou as verzas foi a eladita (ti xa sa ves).pra diante

TONIO dijo...

bueno, xa invitaras a un vo cocido de fozante,escarabellante e rumiante, cando esas verdura creza no te alvides de rejalas e de votarlle bitramon se pode ser millor fertimon, vai comprando un curricho para poder matalo en san martiño.

parada dijo...

home o sacho k levas non é malo,pero eu aconselloche un do nº5.canto mais grande mais avance.Un saudo colega