PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

jueves, 6 de agosto de 2009

ENCONTREI UN TESOURO




Xoves dia 6 de agosto do ano 2009 as 17:35 (isto tenche pinta de ser algo serio) saimos a dar unha volta en bicicleta eu mailo meu colega de toda la vida,Roberto, por certo bó rapaz.

Transcurridos xa varios centos de metros,decidimos facer unha paradiña,se por min fose eu seguia pero xa se sabe e de mala educacion,o descanso foi en frente a tenda de Celia detras nas naves de "don disfraz.com" o lado na nacional 120,nun camiño que vai dar o barrio de alamparte (areas).

Por esa zona pasa o rio Xinzo, e como quen non quere a cousa vemos un teito e ala imos,cando chegamos quedamos abraiados.E loxico que e unha propiedade privada posto que se fora do concello(sen comentarios),entramos porque segun temos entendido o rio e libre, quero decir que ten que haber un paso xa sea pa pescadores ou pa regantes é a finca estrema co regato.


Este muiño non che era nada pequeno, xa que tiña tres entradas de auga, se entende que desviaban o rio mais atras pasando pola molinera e volvendo a o seu cauce natural ,todo unha obra de arte e incluso non contaminaba,manda carallo.




Disque mais vale unha imaxe que mil palabras,pero eu por si acaso déixovos unhas cantas.



















5 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Dende logo que é fermoso, e se está restaurado debe ser polo motivo que contas. Se fose do concello...
Eu me acordo de estar tomándolle fotos haberá un ano. Tampouco sabía del, pero Beni que pasaba moito por ese camiño para ir á de Celia (agora máis ben o meu, jeje), mirábao sempre, ata cando o estiveran a reformar.

E por certo, miraches o río por ese tramo? Da pena, o que era. Ata unha fábrica fixo unha ponte e pon material da outra beira, buff!

Pois nada, a seguir descubrindo tesouros...

Barreira dijo...

Os muiños son unha das nosas señas de identidade. E soen estar todos abandonados.
Polo que ver algo así sempre é gratificante.
Saudos.

Casía dijo...

¡¡precioso!1 me encantan los molinos! ¡que c... me gusta todo lo que sea etnografía y mitología!y este está tan bien cuidado que es una alegría para la vista, no como en ciertas zonas del occidente asturiano que los dejan caer y ya conozco tres, podían pasar por aquí para tomar ejemplo,¡¡se lo pasaré a nuestro druida jejejeje así le llamamos cariñosamente!!

Anónimo dijo...

hola brabido por fin chegamos a poñernos en contacto felicidades polo blog chus e remi.para o mais grande!! Biquiños!!

Xano (Luciano) dijo...

Pois si, unha illa no medio da desfeita. Que gusto daba pasar por esas "lovadas", cruzarse cos pescadores... Agora, o contorno do río Xinzo no Peso e Picoto dá pena. Mala cousa cando o progreso é destrución e beneficio para uns poucos.
En fin, pois case nos cruzamos nesas datas por aí. Pero tamén me alegra atoparte na rede (ata a Manolo Costal, amigo común). Moitos parabéns polo blog. Saúde.