PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

viernes, 4 de septiembre de 2009

O "ESPANTAXABARIN"




Bastantes anos atras que na provincia de pontevedra estanos "invadindo" os porcos bravos ae duas versions,a segunda é a de que en tempos pasados houbo moitos incendios nos montes de Lugo e de Ourense iso fixo que estes levantaran o campamento e viñeranse hacia a costa.

A primaira é que os votaron os da xunta xa que estaban en perigo de extincion, .se esta é a verdadeira penso que se lle foi algo das mans,posto que o dia de hoxe quen realmente esta pagando as consecuencias desta repoblacion son os labregos.

Pódovos aseguran que fode moito ,moito, moito.Abonar ,labrar,sementar,rendar,sachar e regar ,imaxinaros despois de levar todo este traballo chegades un dia a leira e quedades apapaostiados vendo toda a acolleita feita anacos e non poder aproveitar nadiña.Eche moi facil que non quede un milleiro de pé,no condado ,que é de donde escribo,as parcelas son de minifundo,cando se mete un animal destas caracteristicas nunha delas non queda un titere con cachola.

Dando unhas voltiñas polo contorno encontreime con este panorama,eu podo decir que a primeira vez que ó vexo ( o sistema de espantar).Segun teño entendido que os xabarins teñen moi bó olfato.E diso se trata, de fedor .

Se ae moitas cousas que apestan nesta vida unha delas e o peixe en este caso os xurelos,segun veñen da plaza.Poñense uns paos, un cada punta da leira e ataselle un cordel dunha punta a outra e en intervalos de tres a catro metros colocanse os "espantaxabarins",(xurelos)o resultado esta garantizado











4 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Eche ben curioso. Tiña oído e visto eses lazos prateados como os que saen na foto, tamén esa cinta como a que usa a policía para vallar unha zona, botar gasoil para que cheire e espantalos, pero isto dos xirelos, a verdade que nunca.
Dende logo non me gustaría nada ir a apañar as espigas con tufillo do peixe podre por aí. Buff! só de pensalo...

Que? Este sábado na praza para ver ó Tenorio ese? Jeje, vamos machiño!!! Non falles, non son os Chichos pero case, jejeje.

paideleo dijo...

Curioso sistema !.

Meninheira dijo...

E non será que unha vez que temos acabados cos seus depredadores naturais corren ceibos sen outra preocupación que criar?

E que estas historias de que botan "bechos" xa as teño escoitado non só dos xabaríns, senón tamén das cobras, dos piollos, etc. e non teño ouvido falar de granxas de tan variados animais XD

O do espanta xabaríns tomo nota pois tamén fan boas desfeitas por aquí, tiña ouvido falar de que era bó mexar nas lindes, mas non sei se será tan eficaz como apodrecer xurelos :D

Saudiñossss

A lareira de Santiso dijo...

Nas terras do interior, en Santiso, está de moda un sistema de estalidos que cada tanto dispara (penso que aire comprimido), coma se estivesen os cazadores preto.
Tamén hai por aquí quen apoia o sistema de poñer unha camisa dun home, porque seica do que máis arredan é do ulido do humano.
Xa lles direi aos veciños o tema do peixe.