PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

sábado, 26 de diciembre de 2009

JASTAR PISTA



No noso pais aparte de festas gatronomicas tamen lle rendimos homenaxe os patrons da cada parroquia donde vivamos,mais antes que agora.En Areas donde eu durmo ten sete barrios,cada ano tocalle a un, dos cuales só dous fan festa a nosa patrona Santa Maria e sempre vai a menos.

Hoxe fun o Porriño a saludar unhas amistades peligrosas que coñezo fai moitos anos e de volta pa casa o pasar por Cans,estaban montando no recinto de festas os palcos e unha carpa,pa celebrar no dia de hoxe o seu santo que e San Esteban,con as noites que estan caindo calquera se pon a bailar o rejaton.

Non vos preucupedes,quen dixo medo..........,pista de baile climatizado,como o estades lendo,todo cerrado e con un cañon de aire quente,ni mas ni menos,e con uns copos a menear o esqueleto, perrea perrea,xa non ae escusas.


Ae que adaptarse os novos tempos,discotecas ambulantes de quita e pon,visto asi inda motiva a un meterse dentro,non?


Eu nunca fun da directiva dunha de las,pero teño escoitado que da un traballo de carallo,logo tamen ae que decir que orquestas subiron o cache unha animalada,deve ser pola s.g.a.e, nos tempos que estamos a colaboracion no e a mesma,cada un sabe as suas,e cada can lame a sua...



14 comentarios:

Logio dijo...

¿Climatizado?, según veña o vento de fresquiño, ¿non?, ja, ja.

Artabria dijo...

Pois era mellor que non fora climatizada, así arrimabanse máis.....

Carlos Sousa dijo...

As festas non están feitas para min, pero hai que recoñecer que dan o seu traballo e hoxe en día saen carísimas. Aínda con carpa, cañón de aire quente, uns copos, e algún outro "perrea-perrea", non creo que houbera moita xente, non?

Bailarías dabondo...

Merce dijo...

Abraiada quedo!!! unha festa climatizada!!! ja ja ja

Iso mesmiño, a jastar pista!!!

Bicos

Moraima dijo...

Pois entón a animarse e a ghastar pista!

Chousa da Alcandra dijo...

Eu concordo con Artabria!!!

E xa nos ampliarás información sobre esas "amizades perigosas" que coñeces...

Boas Festas. Climatizadas ou con xeada!

Bolboreteira dijo...

Carmba! Quén dixo crise!!
Así me gusta o principal é pasalo ben e jastar moita pista.
Un bico!

Suso Lista dijo...

E seguramente as dúas canten as mesmas cancións. Feliz ano.

xenevra dijo...

A isto é o que se chama orghanisasión da loxística, arre demo!!!

Barreira dijo...

Darlle co xarro e verás como se escorrenta o frio.
Boas festas.

Kaplan dijo...

Ai, esas discotecas e ese ghastar pista! Unha das boas cousas que vai tendo facer anos é que discoteca, bailar e xeada non van na mesma frase.
Saúdos

Ana dijo...

Jejeje...que modernos estamos no pais,jejeje
Nunca vi eu unha desas, mais te digo que gracias a ti, descubrin polo que a orquestra da "Ramalosa" e unha merda...a puta SGAE!!!!!

BICOS E UN BO ANO NOVO

Raposo dijo...

Que, debiches quedar derrengado de tanta festa e tanto jastar pista, eh!!!
que teñas un bo ano!!!

Tito dijo...

E digo eu, xa que nunca fuche dunha diretiva de festas(xq da auga si), porq ue non vos xuntades uns poucos e facedes a de San Blas que esta ai o caer, ainda estades a tempo, eu doubos algo, e vou tomar uns cubatas a festa. Pensalo rapidiño...