PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

miércoles, 14 de octubre de 2009

AS MELLORES CASAS E DONOS DE SAN BLAS (só pa persoas maiores de idade e que non teñan dificultades de riego)

En todolos pobos sempre ae casas que destacan unhas mais cas outras,a maioria pola xente que as habita

Aqui tedes tres casas que estan situadas no barrio de San blas,Areas(Ponteareas).




Este e o pazo do Portobarreiro pertenece a un tal señor Noguerol ,entre outras empresas ten a clinica el Pinar(dedicada problemas nerviosos ,de ansiedad....) situada en Vigo,meu Tio ,que en paz descanse, sempre me contaba que despois de levar un tempo ingresado,tuvo que pedir a alta, posto que cada dia que pasaba dentro puñiase mais nerviudo .

Pa pagar a facturiña a familia tuvo que vender dous (pinares).








Esta outra casiña estache no mesmo barrio perteneciente a unha familia de los madriles,a mayoria de eles estan metidos no exercito,e en especial na Marina.

Cando eu era un rapaz ,disto non fai tanto tempo aunque alguns pensen o contrario je je je,o reparto das cartas polas casas (correo) non existia .Daquele habia que ir a tenda de Luis do alto,a un km e medio do barrio.Xa que as levaba pa miña casa non me daba ningun traballo traerllas os veciños(sempre che daban algo de propina pra comprar uns sugus ou unhas nubes,pica-pica,palotes,cheiws e se me daba pa unha mirinda moito mellor,non todos eran tan caritativos,pero o Brabido tamen tragaba doas veces a terceira xa irian os tacaños o alto de Areas se querian ler as postales) e un destes era o señor Roberto (patriarca desta gran familia,coñecida no mundo enteiro coma os Señores de San Blas.

Tamen quixeron facerse donos da capela e do torreiro donde se celebran as festas (cando se celebran),tuvemonos que movernos por que segun eles estan no terreo da sua prodiedade,canto mais teñen mais queren .
Menos mal co final arrecueron,posto que este enfrentamento podia acabar na cuarta guerra do mundo,







Pra min esta e a mais fermosa,e o que vivia nela inda mais se cabe,estivemos como veciños mais dunha decada,a nosa convivencia supoño que como todolos estremantes, uns dias bos e outros menos.

Pero todo quedaba en iso, palabras e ladridos,cando saia polo portal el sempre estaba disposto a acompañarme,fose a donde fose ,fixera sol ou choiva,por iso e moito mais. esta sempre sera a mellor casa de San Blas.

Esta entrada esta dedicada a meu desaparecido can "CACHA".



6 comentarios:

Raposo dijo...

Dende logo, a última é a mellor: sinxela, moderna e funcional.
E seguro que paga pouca contribución.
Apertas.

Carlos Sousa dijo...

Si señor! Iso si que era un veciño, non eses prepotentes e pixos do Noguerol. Os "señores" (vaia manía aínda de usar eses términos) nunca os vin diante.

Xa sabes, agora tes que buscar outro inquilino para a casa, que sabes que se non se habitan acaban pudrindo e caíndo.

Vémonos no local social ese...

Unknown dijo...

Sen duda, a mais fermosa a última. Está chea de sentimentos. E como di Carlos, tens que buscar inquilino, e amigo pra ti.

Bicos

paideleo dijo...

Eu na mili estiven con cans policía e non fai falla dicir quen era millor se os comparaba cos mandos.

Barreira dijo...

Pois a min gustame ben a caseta do can. Mais que eses caserios grandes e frios coma o demo. Non hai como a calidez dun fogar... dixo o can.
Saudos.

roberto dijo...

Eu que ti compraballe un can o veciño de enfrente,que sei que ten 9 e enchias a caseta