Disque estamos pasando por unha ola de frio siberiano,seica polo barrio do moucho non pasa, xa que eu mailo Pepis non o notamos,que mellor que pa entrar en calor poñerse a rachar leña,sabendo que despois vas a disfrutar dela na cociña de ferro e mandarlle uns cocidiños e unhas empanadas de xoubas,carne, bacallau,pito,..... o forno con leña de castiñeiro.
O importante destes traballos e a ferramenta ,tamen teño que decir que tivemos que acabar a xornada antes de tempo pois quedamos sen jasofa, un fallo tecnico,pode pasarlle a calquera,non?
Este traballo e o facil xa que despois toca rachala e iso vai mandar carallo.
Eu con cara de "quen ostia me mandaria a min meterme nestes frejados"
O Pepis en estado puro se o queredes contratar só cobra 15euros a hora,ben os merece o rapaz, podedes estar seguro ,ten un pequeno defecto,por favor non lle decir donde esta a bodega.
11 comentarios:
Eso lembrame tempos mellores.
Mentres se traballa nunca hai frío... iso si, como quedes quieto... xa podes abrigharte!
Apertas!
E iso que a leña de castiñeiro non é das mellores... Andade con coidado ca maquinaria !! Cárgaas o demo!!
Pobreciño, podrá mandarse uunha copa.non? JEJEJEJE
Duro traballo...
E logo, non hai "jasolineras" aí ó lado?
Con eses corpos e esas "ferramentas" xa estou pensando en que me veñades axudar un sábado, que eu tamén teño que facer leña. Invítovos a comer. Aínda que pensando ben, non sei se me sairá un pouco caro, jeje.
Pois nada, a correr o frío
E logo non había arcolitos pra torar millor que un nativo? Apertas
Pero home, o castiñeiro e moi bon como madeira, pero para facer leña para o lume non. Claro que se non había outra cousa!
Moi ben , moi ben...así se traballa, asi no se nota o frío nin Siberiano nin de ningures.
E agora vaime sair a vena ecolóxica que teño...A cambio de cortar eses castiñeiros tedes que plantar outros tantos...sería o xusto, non?
Un bicooooo!!!
isto e un bo exemplo de q os galegos somos traballadores pero cando queremos jaja
isto e un bo exemplo de q os galegos somos traballadores pero cando queremos jaja
para unhas cantas horiñas de calor xa tes... se ves que é moita leña comparte cos veciños da viña branca...
Publicar un comentario