PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

sábado, 13 de febrero de 2010

NON VALE DECIR, NON O VIN OU NON SABIA

Xa fai anos que os montes das parroquias deixaron de ser propiedade dos concellos,pasando estes a mans dos veciños(comunal).Ae aldeas que teñen pouca extension de terreo outras como e a da foto van sobrados(moitas hectareas),levan xa tempo luchando pa que non vertan residuos,non anden facendo o loco cos quads,motos..... e sobre todo que non lle corten madeira nova.


Dando eu uns dos meus paseos,topeime con un tractorista parado por uns veciños,os cuales lle estaban recriminando,que quen lle dera permiso pa cortar esa leña,xa que non era nin veciño nin comunero,pois o paisano erguendo os hombros dixo: por un tractor de merda non pasa nada,non?,ademais,non sabia que estaba prohibido,pois non houbo maneira chico,tivo que votala o chan.


Cando marchou o do tractor, comenteille a un dos veciños que e coñecido meu,non vos pasastes un pouco?respondeume,mira machiño este non a primeira nin a segunda vez que o pillamos e estamos ata os collons, ae que cortar polo sano e pa proxima vez denunciamolo e punto.


Dende logo decir que non sabia,tendo estes carteis nas entradas o monte choca un pouco
asi que xa sabedes cando vaiades ter coidado e non se vos ocurra facer:



6 comentarios:

Logio dijo...

Onde eu me criei non hai comunal, todo ten don, ainda que como é o meu caso, o dono non saiba nin que o é.

De todolos xeitos a ninguen se lle ocurre cortar donde non é seu, eso é roubar.

Bolboreteira dijo...

Hai xente con moito morro! Estivolle ben empregado.
Biquiños

vintxuca dijo...

Pois si que lhe botou papo o tio!!!!
Penso coma Bolboreteira que lhe estivo ben empregado!
O cartel, a verdade, é ben clarinho! Pódese dicir máis alto pero non máis claro. Apertas!!!!!

Ana dijo...

Dacordo, merece-o e a próxima denúncia.Xa veredes como non volve.
E estos que son reincidentes, son os peores...

Bicos

Carlos Sousa dijo...

Non hai maneira "chico". A que me soa iso?
Pois o tipo estívolle ben, que non se queixe. Pero haiche moita xente con moito papo.

Por certo, cando me contas iso do disfraz, que sepas que non era eu, non sei de donde sacaches esa idea.

Suso Lista dijo...

No mar sucede igual cos fodechinchos.Apertas e bo finde.