PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

martes, 9 de febrero de 2010

PREMIO DE PAGO SUPERIOR

Fai pouco mais de duas semanas,queixeme das apostas do estado que "estaban" amañadas,pois mira ti por donde que vindo de vigo parei a saludar uns amigos no Porriño,e decidin comprobar as apostas,cal e a miña sorpresa,que en vez de "no premiado" puña "premio de pago superior".



Miña nae querida eu non collia dentro dos pantalons,volveu a comprobalo nos premios que teñen eles,efectivamente estaba premiado con 775 euros,menos da unha pedra,agora xa podo contar que tiven unha de trece acertos na quiniela de balonpe,o que chora non ......,asi que espero que na seguinte a cantidade sea maior,pero bastante maior.Ostiñas espero que non se entere o sousa, lease (DENDE AREAS CARA A PONTE),porque xa se sabe,corre a voz e despois veña a pagar rondas,e non che estan os tempos pa andar con tirtiritadas.



A quiniela non lle saquei foto,pero si o cheque que é o que vale,inda non sei que facer cos cartos,pero vos tranquilos que donde metelos teño de abondo,deixovos que me esta saturando en chamadas o telemovil miña namorada.non sei que lle pasara pa insistir tanto,ata logo.




11 comentarios:

Logio dijo...

¡Felicidades!
Como ven dis, menos da unha pedra.

Amio Cajander dijo...

Isto non proba que non estean amañadas. Ó contrario, precisamente proban que estanche moi amañadas...

Queixacheste... e uns días despois prémiante... sospeitosos moi sospeitoso

Disfruta o premio

Merce dijo...

mmmm a min tamen se me alporiza a mosca atrás da orella... non sei, non sei...

:p

Suso Lista dijo...

Pois non sei se aconsellarche que non o volvas a intentar. Noraboa!

vintxuca dijo...

Noraboa, si senhor!!!!! agora a gastalos!!!!!

Ana dijo...

Que sorte tens, que ben vinhan esos cartos.
Vou a ter que comezar a jogar la quiniela outra vez, antes sempre me fastidiaba o Celta. A ver si agora teño mais sorte.

Uishhhh...me da a mi (non sei por que) que Sousa xa ta o tanto, polo que veche preparando pa pagar as rondas,jajaja

Bicos

xenevra dijo...

Eu teño a certeza de que non están amañadas e que un día, non moi lonxe, ha de tocarme un premio de algo. Non teño moi claro de que orque o do balompé non o entendo e o da primitiva paréceme un rollo. O do cupón da ONCE parecíame máis fácil de conseguir, mais dende que cambiei de cidade non dou cos postos de venda. pero sexa como for, se ti o conseguiches eu tamén o acadarei; seguro.

Se paso por aí nestes días de lecer xa che deixo untoque para que invites a unhas galicolas ;)

Carlos Sousa dijo...

Ja,ja,ja, non están amañadas, non... É queixarse, e toca premio, non sei...

Ti verás, ou vai unha ceniña desas con chuletóns (como as fotos que me envías para meter envidia) ou llo comento a peña toda. Jeje, non sei que che sairá máis caro...

Marisa dijo...

Cando nunca toca nada
inda que sexa pouco
fai moita ilusión.

Unha aperta.

Bolboreteira dijo...

Pois xa espiremantaches o que é que che toque algo na loteria, que non todos o poden decir.Un momento de alegria que xa non cho quita ninguén.
Bicos

paideleo dijo...

Claro, tiveches que vir a Vilaguindastre para conseguir un premio. Non, se ao final é verdade iso de que " quen non chora non mama ".
Alédome.