PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

viernes, 23 de abril de 2010

67 SON MOITOS ANOS


Levo un tempo intentando cambiar de telemovil,xa que o meu empeza a fallar,vai pa catro anos largos e esta claro que os 67 non vai chegar.

Chamei a movistar pa ver as ofertas que tiñan e por ter non teñen nada,o comsumo meu e de 40 euros o mes,disque non e moito e cos puntos que teño (20.000)non me dan ni pa bateria dun da ultima xeneracion.Fun a vodafone e por cambiar de compañia,quedando con o mesmo numero de telefono danme a escoller varios aparatos xeitosos.Teño que preguntar que tal vai esta compañia pola zona si e asi vou ter que cambiar de servidor.

Dende logo o que se compra hoxe maña esta anticuado,porque este mundo evoluciona dunha maneria alocada,non e asi pa outras cousas,como por exemplo pa curar enfermedades.

5 comentarios:

Merce dijo...

Pois Vodafone para min vai moi ben :)

A verdade e que hoxe en dia deseguida nos quedamos "obsoletos"

Biquiños e que fagas boa compra :)

Logio dijo...

Non nos paramos a mirar o caras que nos saen as chamadas, eu apenas uso o condenando móvil, ¡demo o leve! pero cada mes chega a súa correspondente facturiña como se o usara tódolos día, e é por vagancia por non ir a dalo de baixa.

xenevra dijo...

Curar enfermidades non é rendíbel; o que lles dá os cartos é que esteamos a consumir medicamentos todos os días. Anovar cada día no modelo d etelemóbil si que é un negocio interesante. O outro día fun, porque tamén tiña que cambiar a miña terminal (seica se lle chama así) e eu só quería unha que servise para chamar e que se oíse (os puntos abondaban porque non o cambiara en 15 anos). Primeiro problema, tiña que escoller o modelo por bonito ou feo ou por artiluxios que traían, porque non mo podían poñer a soar ata que non o comprase. Así pois, marchei da tenda sen podelo cambiar. Finalmente escollín o modelo que tiña miña irmá e sabía que si se oía. Pedino por internet e o servicio de Orange xenial!! Cada día tiña unha mensaxe súa indicándome porque lugar andaba o teléfono e no día acordado, ás 10:30 da mañá, tíñao na casa sen pagar nada.
(e fíxate ti o que dan para falar estes "temas" ufff, que rollo larguei, glups)

Ana dijo...

Vodafone ten ofertas moi boas por cambiar de compañia. Mais estou segura que cando comences coa portabilidade, te chaman os de movistar e che ofrecen redución de factura e movil novo, xa veras,ejeje

Bicos

Tito dijo...

Senon mira en Yoigo, ten ofertas moi boas e utiliza a cobertura de Vodafone, vai moi ben. Hoxe en dia non te podes casar con naide, xa podes estar 20 anos nunha compañia que sempre vai ter mellores ofertas o que ven de novo que ti que levas 20 anos. Hai que ir o mais barato