
Semana santa a remollo,en abril augas mil,co que leva caido estes dias por aqui xa ten pa todo mes e por riba con frio en vez de ir po vran parece que vamos po inverno,eu estaba pensando en sacar as changueletas pero vou ter esperar.
Vou ir po Goya,ai polo menos non chove e entras en calor rapidiño despois de mandarlle uns
llintonis.
10 comentarios:
Mal será que non escampe antes ou despois.
Seica se achega melloría para o domingo; pero mañán...vas ter que seguir no Goya!
Se a chuvia fose vinho.... melhor non pensale hehehe!!!!!!!
Estamos en Galiza e ben sabes que os diluvios por estas épocas venhen incluidos no paquete básico, pero en troques, tamén temos o país máis bonito e verderolo do mundo... de todas formas xa vai sendo hora de que escampe que nos van sair escamas!
Será que se equivocaron no ceo e confundiron a Semana santa co castigo aquel do dioivo dos 40 días (creo), o teu Goya cunha arca, e as botellas co único que debe ser salvo neste mundo pecaminoso (ou pecañento hehehehe).
Gústame ver a choiva a través da túa ventá ;)
Unha ruina de días de vacacións!
Que todo moi verde, pero tanta chuvia cansa, eu quero ver o sol un pouco.
Biquiños
tes razon albino , esta choiva e unha merda, pero weno cmo dis ti , nese antro, sirven unhas bebidas, pa entrar en calor, pero weno, iso cada dia me soprendes mais co teu blog, si señor ¡¡¡
Cala, cala estou de choiva hasta os ovarios. A ver se o refrán va de mentirilla o estamos ben apañados...
Bicos
Tranqui, que creo que xa escampou!
Que non oh!!! mira que solazo temos para este fin de semana eh? agora que xa pasou a semana santa e nos mollamos por dentro e por fora (eu alomenos jejejeje)pois toca poñer a barriga ao sol que eiqui na beiriña do rio xa esta que non colle unha agulla...
Unha grandisima aperta, sen choiva :)
Machiño, qué!! Xa se pode dicir que escampou, non? Aínda que saques as changueletas, sei que non vas a deixar dir polo Goya, non é?
Tranquilo que xa nos ven o tempo de praias
Publicar un comentario