BRABIDO
PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA
jueves, 15 de julio de 2010
ATA O NERVIO
Un dos vehiculos chamuscados e dun coñecido meu,dixome que estaba fodido de que fora enganchado pola grua(multa correspondiente mais pago da remolcaxe) pero mais cando cheguo o sitio e mirou o monton de ferros en que quedou o seu "turismo", posto que si pagan pola letra da matricula non lle dan nin pas rodas doutro e este facialle un servicio caralludo.
Temos que controlar a euforia porque as veces cometemos locuras que perxudican os demais,e vaia se perxudican.
lunes, 12 de julio de 2010
martes, 4 de mayo de 2010
OS MAIS GUAPOS DO BARRIO
Que mellor que pa celebrar o dia do traballador,facer unha xuntanza pa cear e logo mandarlle uns grolos,se fose pa traballar seguro que mais de un tiña algo que facer,eu o primeiro.
Aunque vivamos no mesmo concello,votamos ata meses sen vernos,pero non sen escribirnos porque pa iso esta o correo electrico os sms ou mms,pero non che o mesmo,non oh,mellor que estar contando as anecdotas cara a cara e mandandolle un blanco do condado,por certo estaba de vicio,e saboreando uns mexillons o vapor.
Faltaban dous que nunca se perden estas papatorias, Fonso non poido achegarse ata o pobo porque esta na Andorra,xa leva 6 anos,e ven nas navidades e no vran,tiña pensado acercarse na pascua pero non pudo,e o que ten estar a gañar os farelos fora da tua terra e Marga traballa os fins de semana no pub a republica(Ponteareas) e segun me dixo ela pola tarde estaba cansada,decidiu que era mellor non vir,xa que pola noite lle quedaban moitas horas de trafego.
Na seguinte espero que esteamos todos ,que non ven mal ter unhas farras de vez en cando e o mais importante non perder as amistades que nunca se sabe........
viernes, 30 de abril de 2010
INVÁDEMNOS
Cando andas polo mundo adiante,escoitas moitas "barbaridades" sobre os galegos coma por exemplo que si levantas unha pedra vaias a donde vaias aparece un,que si vimos todos os emigrantes pa nosa terra caimos o mar..........
Indo de compras a unha tenda de roupa deportiva no poligono de O Porriño (a granxa)atopeime con que estan preparando unha nave para a venta de material chines,estes que nos ultimos anos non queda un municipio que non monten o seu "campamento".
O pouco trato que tiven con eles non teño queixa,pero cando te enteras que detras desta montaxe ae mafias "triadas",as cuales se lucran sin importarlle a vida dos seus compatriotas e fodido,tamen en outros sectores alimentacion,roupa.........
Polo que anton podemos decir que o conto cambiou xa que si estes volven pa China arrebentan a muralla ou que si levantas unha pedra aparecen tres.
sábado, 24 de abril de 2010
ABUXOS= mirar pa outro lado
Donde imos parar a este paso non se podera fiar un de nadie,xusticia,iglesia.defensa(ejercito),...............,non digo que sean todos,eh!.
Cando se destapa un caso destes, aparecen un feixe deles,uns por denuncias as cuales dependera en que mans caia,porque xa se sabe o diñeiro move ........,outros por non borrar imaxines ou videos do disco duro do ordenador cando o levaron a reparar, mais de un destes delitos descubrironos por estes despistes.
viernes, 23 de abril de 2010
67 SON MOITOS ANOS
Levo un tempo intentando cambiar de telemovil,xa que o meu empeza a fallar,vai pa catro anos largos e esta claro que os 67 non vai chegar.
Chamei a movistar pa ver as ofertas que tiñan e por ter non teñen nada,o comsumo meu e de 40 euros o mes,disque non e moito e cos puntos que teño (20.000)non me dan ni pa bateria dun da ultima xeneracion.Fun a vodafone e por cambiar de compañia,quedando con o mesmo numero de telefono danme a escoller varios aparatos xeitosos.Teño que preguntar que tal vai esta compañia pola zona si e asi vou ter que cambiar de servidor.
Dende logo o que se compra hoxe maña esta anticuado,porque este mundo evoluciona dunha maneria alocada,non e asi pa outras cousas,como por exemplo pa curar enfermedades.
viernes, 2 de abril de 2010
E VEÑA CHOIVA
Semana santa a remollo,en abril augas mil,co que leva caido estes dias por aqui xa ten pa todo mes e por riba con frio en vez de ir po vran parece que vamos po inverno,eu estaba pensando en sacar as changueletas pero vou ter esperar.
Vou ir po Goya,ai polo menos non chove e entras en calor rapidiño despois de mandarlle uns
llintonis.
jueves, 25 de febrero de 2010
GALLEGO E CON MOITA HONRA
Unha tal Rosa Diez,criticou o presidente do goberno,José Luis Rodríguez Zapatero,e nun destes insultos que nos teñen afeitos estes gobernantes que en vez de buscar solucions a este pais que vai a menos e cada dia peor,eu non lle vexo o fin.
Non se lle ocurriu outra cousa que chamarlle "GALLEGO",coma se nos fosemos o peorciño de España,manda carallo,esta vasca,que tiña que estar caladiña que xa bastante ten no seu pais,e queda tan pancha,pero en que mundo vivimos,se empezan a insultarse e non se entenden os de arriba,mal asunto,salvese quen poida.
Dous paxaros de un tiro,xa que o que esta non e Gallego pero o que quere entrar eche,da que pensar non?,estes politicos cada dia ........
sábado, 13 de febrero de 2010
NON VALE DECIR, NON O VIN OU NON SABIA
Dende logo decir que non sabia,tendo estes carteis nas entradas o monte choca un pouco
martes, 9 de febrero de 2010
PREMIO DE PAGO SUPERIOR
Miña nae querida eu non collia dentro dos pantalons,volveu a comprobalo nos premios que teñen eles,efectivamente estaba premiado con 775 euros,menos da unha pedra,agora xa podo contar que tiven unha de trece acertos na quiniela de balonpe,o que chora non ......,asi que espero que na seguinte a cantidade sea maior,pero bastante maior.Ostiñas espero que non se entere o sousa, lease (DENDE AREAS CARA A PONTE),porque xa se sabe,corre a voz e despois veña a pagar rondas,e non che estan os tempos pa andar con tirtiritadas.
A quiniela non lle saquei foto,pero si o cheque que é o que vale,inda non sei que facer cos cartos,pero vos tranquilos que donde metelos teño de abondo,deixovos que me esta saturando en chamadas o telemovil miña namorada.non sei que lle pasara pa insistir tanto,ata logo.
viernes, 29 de enero de 2010
QUE,VOTAMOS UNHA TIMBA?
A dia de hoxe e o mais normal,entrar nunha cafeteria con wifi e ver os clientes con o seu ordeneitor xogar o poker "on line",eu non teño nin puta idea o meu e o:cabron,sete e medio,subastado,brisca,burro,tute sempre claro,dentro da baraxa española.
Andaba "o brabido" de "tasca" en "tasca" por Ponteareas,deuselle por tomar a penultima na "base" xa sentado e co codo apoiado na barra pedido un piscolavis,no mesmo tempo entrou un paisano gritando que gañara 12000 euros xogando o poker,disque votou 12 horas en frente o portatil,eu votanlle conta, por moita luz que consuma o aparato deulle de sobra,oh.
O dia seguinte estiven pensando e pensando,chegei a conclusion de iso non podia ser,mal pensado son carallo,escoitando as noticias pola noite,entereime de Juan Maceiras, alcalde de Miño ( A Coruña)gañou nin mais nin menos ca 256000 euros mecajonatos,con 40 euros e des horas de "traballo"na casa eh! que isto foi o domingo,non seades mal pensados.
Vou ter que ir a clases,de noite,o que eu digo e que nunca dicen o que perden.
miércoles, 20 de enero de 2010
MIRAME SE TEÑO ALGO...
Xa estou desconfiando de que ten trampa, isto das apostas do estado.Non ae maneira chico,estou en tres peñas "os bos da loto","goya","desta vai",mais o que xogo eu e xa levo anos, pois nin pa pipas.
Bos dias,mirame se teño algo:
Nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,nada,..............................
Bo xo sabia,dame unha pa xoves e sabado e faime unha quiniela e unha do euromillon,serei papaxoubas que sempre volvo a picar ou e que : algunha vez ten que tocar,e se toca,bote de 15.000.000 euros, a min se me chegan a tocar eu faria ou compraria................
sábado, 9 de enero de 2010
"QUEN TEN CU TEN MEDO"
O camiño da casa donde eu durmo e sin saida,teño que escribir que non ten a señal correspondiente,de ai que mais de un tuvese que dar marcha atras.
Hoxe o mediodia habia un coche parado no portal,logo fun haber que lle pasaba,o paisano estaba temblando,dixenlle,tranquilo machiño que eu ábroche o portal e das volta dentro pa non ter que ir de cu.Dixome,no no,ese no es mi problema,lo que me paso es que iba pa Vigo hablando por movil y me dio alto los verdes (guardias civis),sabes solo me quedan tres puntos,pise el acelerador,cogi la primera salida que encontre y pare aqui por que no puedo seguir.
Brabido:e logo non che collerian a matricula.
Paisano:no creo que les diera tiempo,cuando los vi acelere.
Brabido: espero que teñas razon.
Paisano: Si no te paran y no te identifican,puedes poner a otro conductor en tu sitio.
Loxicamente abrinlle pa que dera volta no eido e lle dixen como tiña que facer pa non pisar a N-120 durante uns cuantos quilometros e sair no alto do Confurco.
Espero que non lle colleran a matricula porque pode ser peor o remedio que a emfermedade,non me rio do percance del,pode pasarlle a calquera,pero ten a sua gracia xa que de todas as carreteras que ae por San Blas,esta e a unica que non ten saida,como pa vir os quita puntos detras.
sábado, 26 de diciembre de 2009
JASTAR PISTA
Eu nunca fun da directiva dunha de las,pero teño escoitado que da un traballo de carallo,logo tamen ae que decir que orquestas subiron o cache unha animalada,deve ser pola s.g.a.e, nos tempos que estamos a colaboracion no e a mesma,cada un sabe as suas,e cada can lame a sua...
sábado, 19 de diciembre de 2009
O FINAL PA QUE
Fixeronse manifestacions pa conseguir un paso,fose elevado ou subterraneo,o final decantouse de facelo por debaixo da estrada,posto que o outro tiña que coller moita altura e iso acarrea mais pasos ou rampas mais longas.
Pódovos asegurar que a primeira vez que paso por el,tiña moitas ganas de votarlle un vistazo pero sempre queda pa mañan,O caso e que pouco uso se lle deu,casi diria moi pouquiño.
Estas duas fotos son das entradas ou bocas do pasadizo,o lado do cruce de Mondariz(N-120)
Xa estamos no interior e como podedes observar as paredes estan cheas
grafitis o cual lle da un toque alegre,por aqui non pasa nin dios
Da aquela xa existia un paso de peatons que realmente e o que se utiliza a dia de hoxe pa cruzar a rua,malosera.O tunel so sirve pa agacharse en caso de guerra.
martes, 15 de diciembre de 2009
QUEN DIXO FRIO
Disque estamos pasando por unha ola de frio siberiano,seica polo barrio do moucho non pasa, xa que eu mailo Pepis non o notamos,que mellor que pa entrar en calor poñerse a rachar leña,sabendo que despois vas a disfrutar dela na cociña de ferro e mandarlle uns cocidiños e unhas empanadas de xoubas,carne, bacallau,pito,..... o forno con leña de castiñeiro.
O importante destes traballos e a ferramenta ,tamen teño que decir que tivemos que acabar a xornada antes de tempo pois quedamos sen jasofa, un fallo tecnico,pode pasarlle a calquera,non?
Este traballo e o facil xa que despois toca rachala e iso vai mandar carallo.
Eu con cara de "quen ostia me mandaria a min meterme nestes frejados"
O Pepis en estado puro se o queredes contratar só cobra 15euros a hora,ben os merece o rapaz, podedes estar seguro ,ten un pequeno defecto,por favor non lle decir donde esta a bodega.
domingo, 13 de diciembre de 2009
XA MO DECIA MEU ABÓ
Sempre me decia que a mellor coleccion era a dos billetes,xa que sempre subia de valor a min non se me deu outra cousa que xuntar chisqueiros.Daquela tamen tiña pensado acopiar cromos,canicas.... mais adiante intenten facer unha de amantes pero non houbo moita sorte.
Estoume consolando porque un tal Tiger Woods,que ten a coleccion completa de dolares e ia bastante ben na de amantes o final foi todo pa merda.
Vou seguir coa miña que o dia de maña nunca se sabe,se algun dos que aparecen na foto vos resulta familiar,pode ser,xa que uns cuantos "pedinos prestados"
jueves, 3 de diciembre de 2009
AS DE TODA A VIDA
Xa ae un tempo que as tendas ou "super" nos estan lembrando que falta pouco po nadal,é como ben sabemos todos poñen a mercancia estratexicamente pa que "piquemos"e levemos a que lle interese a eles.
As de toda a vida (surtido Cuétara, Artiach,Reglero.....)estan nun segundo plano,pra min estas eran é seran as mellores,que se pode comparar con un capricho de coco,crocanti,bombon,tinmarin,azteca....,dende que saiu a Isabel anunciando os "ferreros" teñenos postos por todos os lados ata donde vas a pagar pra que non se che olviden,como se tiveras a obligacion de levalos.
Logo tes invitados nestas fechas tan "señaladas"e pa tomar un "algo" que lles pos?, ou depende de quen veña?.
martes, 24 de noviembre de 2009
HABELAS HAINAS
Esta e a primeira compra que fago por internete,xuntamonos tres compañeiros o Mon,o Pelado e o que escribe na cafeteria GOYA en Ponteareas a tomar unhas "copas",xa se sabe despois de baixarse un par de botellas de "jisqui barato" apuntaste a todo, non me acordo nin me acordarei de quen empezou o tema da loteria.
Sempre traia decimos de Madrid cando traballaba,nunca tocou nada,e a trancas a barrancas decidimos traela da cataluña ,o Cherre (outro colega,este non quixo entrar na peña,debe ser por que bebe acuarius de naranxa) dixonos que a pediramos a La Bruixa d´Dor,dito e feito.
Cinco decimos 100E:transporte 20E: total 40E por cachola.
Pois haber si as dou atopado.
Estes son os numeros que nos van cambiar a nosa vida je je je
jueves, 19 de noviembre de 2009
MENSAXES QUE MATAN
Cuando vas a morir?.Como
moriras?Quieres saberlo?
Prueba el TAROT DE LA MUERTE
Te atreves?Te sorprenderas.
Responde enviando MUERTE al
7332 -1.5e\sms
Dende logo pa gañar cartos xa non saben como foderte pa que os chames,miña querida donde imos chegar.Xa estou sorprendido sin contestar,moito mantido ae no mundo
martes, 17 de noviembre de 2009
LOGO EXISTEN
Escoitei falar deles ,mais nunca tiven un na man ata hoxe pola maña,tamen e certo que pouco tempo vou disfrutar del, xa que marcha mañan pa pagar uns traballos que fixen na chabola.
Un feixe de cartos en un anaco de papei,eu non estaria tranquilo con el na carteira,non che é o mesmo perder un de vinte ou de cincuenta que este rosado
miércoles, 11 de noviembre de 2009
O CAPITAN FURILO E MAILO JULITO CONQUISTARON O CONDADO
O sabado pasado dia 7 celebrouse unha xuntanza no restaurante cuevas (Ponteareas),na cual o CAPITAN FURILO presentou o seu ultimo disco ROCK.
Este grupo xa e lexendario polas terras galegas e parte do estranxeiro,antes facianse chamar O CAIMAN DO RIO TEA supoño que debido a marcha dun compoñente e a chegada de outro fixeron este cambio de nome, a famila Furilo compoñense por Miki Furilo:guitarra teclados e coros,Mon Furilo : baixo e coros,Rafa Furilo: guitarra e voz cantante,Oscar T Furilo: bateria e percusion.
Segun teño entendido sacaron este nome dun personaxe dunha mitica serie dos ochenta (cancion triste de hill street) interpretado por Daniel J. Travanti na cual da vida a o capitan Francis Furillo
Foi todo un acontecemento xa que era unha festa ,houbo queimada,cea,sesion dj,concerto dos xa nombrados e de mailo vocalista dos SINIESTRO TOTAL Miguel Costas,tamen subiu a cantar Isaac Abalde Garcia deste xa sabia que era un"cantante" pero nunca pensei que chegara a tanto je ,je, je .
Os anos pasan pa todos ,grazas a non sei quen,é estes eventos agradecense porque sempre e unha maneira de reencontrarse con vellos compañeir@s e queiras ou non sempre ae algo que contar.
Mentras degustamos uns pinchos, fixose un brindis e o mestre de ceremonia non foi outro que coñecido no mundo mundial coma "JULITO" (polo azui e branco),aqui o tedes co micro na man esquerda e na dereita a copa,as fotos non son de grande calidade pero si se pode apreciar o significado.
Como non podia ser menos Julito en version El Señor De Los Lumes,esta non é a primeira e non vai ser a ultima queimada que saboreemos deste "amigo de toda la vida"
Normal que aia xente que non poida contenerse sen lle preguntar o CHEF cal e secreto pa conseguir que quede tan deliciosa,pero o Julito non lle solta palabra o Rodri.
Unha imaxen da actuacion,tedes mais informacion destes "monstruos" da musica en CAPITAN FURILO.COM
Esperemos que po ano, que esta a volta da esquina, nos xuntemos todolos furilos outra vez e pasemos unha noite de puta nai,que o fin llo cabo e o que se leva desta maravillosa vida,non?
miércoles, 4 de noviembre de 2009
O PEPIS (marca registrad@)
Xa facia tempo que o Pepis me dixera que cando puidese lle fixera unha entrada neste internacionalmente coñecido blog ,xa saiu nunha foto cando foi a festa da cervexa e dende aquela a sua fama subio mais ca espuma .
Aqui o tedes dandolle a raqueta ,un deporte que en apariencia aparenta "doado" en fisico me refiro,despois 30 minutos dandolle duro tira do bandullo de carallo.Tamen teño que escribir,co noso presupuesto non chega pa pagarlle a unha recollepelotas e ter que agacharse o lumbago relincha un pouco,si, si podedes reir,non che o mesmo estar na Freixa movendo o esqueleto que estar estoupados no sofa do salon dandolle a "play" ou a "gui".
Estilo non lle falta,o que sempre comenta e de que as pistas donde xoga Nadal e compañia son mais grandes.Vos preguntaredes porque o di,pois moi sinxelo de 100 veces que remata 50 van fora da linea de xogo e 30 saen fora do recinto e iso que unha rede ben alta,e 5 xa foron o rio Tea.
O que vos poda segurar que o PEPIS non xoga con peluca, agora si, o do "dopin",teño miñas dubidas xa que non sei se o mencia e mailo cen pippers entran dentro de esas sustancias.
martes, 27 de octubre de 2009
SEBASTIAN LOEB ESTA QUE TRINA
Este video que podedes ver, esta grabado con camara oculta ,(era un entrenamiento privado e cerrado os periodistas),de ai a sua non boa calidade.
Aqui o tedes dando voltas o circuito e poñendo posta a punto a sua maquina
Se alguien o quere patrocinar podedes ser o primeiro e asi poñer a publicidade donde mais os guste,andar lixeiriños que xa anda en contacto co "tio Botin"
Impresionante eh? despois de un duro dia de desgaste, a "besta" descansa nos seus aposentos, WRC vai ter un gran triunfador,ser lugar a dudas o XÉ ,......!QUEN ANDA AHI¡