PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA

sábado, 26 de diciembre de 2009

JASTAR PISTA



No noso pais aparte de festas gatronomicas tamen lle rendimos homenaxe os patrons da cada parroquia donde vivamos,mais antes que agora.En Areas donde eu durmo ten sete barrios,cada ano tocalle a un, dos cuales só dous fan festa a nosa patrona Santa Maria e sempre vai a menos.

Hoxe fun o Porriño a saludar unhas amistades peligrosas que coñezo fai moitos anos e de volta pa casa o pasar por Cans,estaban montando no recinto de festas os palcos e unha carpa,pa celebrar no dia de hoxe o seu santo que e San Esteban,con as noites que estan caindo calquera se pon a bailar o rejaton.

Non vos preucupedes,quen dixo medo..........,pista de baile climatizado,como o estades lendo,todo cerrado e con un cañon de aire quente,ni mas ni menos,e con uns copos a menear o esqueleto, perrea perrea,xa non ae escusas.


Ae que adaptarse os novos tempos,discotecas ambulantes de quita e pon,visto asi inda motiva a un meterse dentro,non?


Eu nunca fun da directiva dunha de las,pero teño escoitado que da un traballo de carallo,logo tamen ae que decir que orquestas subiron o cache unha animalada,deve ser pola s.g.a.e, nos tempos que estamos a colaboracion no e a mesma,cada un sabe as suas,e cada can lame a sua...



sábado, 19 de diciembre de 2009

O FINAL PA QUE

Na decada dos oitenta en Ponteareas fixose o novo ambulatorio que pasou da plaza Maior a o barrio das Cachadas,coa cosecuencia de que ae que atravesar a N-120,despois de uns anos de funcionamento houbo varios atropellos,que eu sepa un mortal.

Fixeronse manifestacions pa conseguir un paso,fose elevado ou subterraneo,o final decantouse de facelo por debaixo da estrada,posto que o outro tiña que coller moita altura e iso acarrea mais pasos ou rampas mais longas.
Pódovos asegurar que a primeira vez que paso por el,tiña moitas ganas de votarlle un vistazo pero sempre queda pa mañan,O caso e que pouco uso se lle deu,casi diria moi pouquiño.

Estas duas fotos son das entradas ou bocas do pasadizo,o lado do cruce de Mondariz(N-120)




Xa estamos no interior e como podedes observar as paredes estan cheas

grafitis o cual lle da un toque alegre,por aqui non pasa nin dios





Da aquela xa existia un paso de peatons que realmente e o que se utiliza a dia de hoxe pa cruzar a rua,malosera.O tunel so sirve pa agacharse en caso de guerra.

martes, 15 de diciembre de 2009

QUEN DIXO FRIO

Estes tres castiñeiros da frente foron os que "mandamos abaixo",e os que nos fixeron e faran entrar en calor.




Disque estamos pasando por unha ola de frio siberiano,seica polo barrio do moucho non pasa, xa que eu mailo Pepis non o notamos,que mellor que pa entrar en calor poñerse a rachar leña,sabendo que despois vas a disfrutar dela na cociña de ferro e mandarlle uns cocidiños e unhas empanadas de xoubas,carne, bacallau,pito,..... o forno con leña de castiñeiro.

O importante destes traballos e a ferramenta ,tamen teño que decir que tivemos que acabar a xornada antes de tempo pois quedamos sen jasofa, un fallo tecnico,pode pasarlle a calquera,non?





Este traballo e o facil xa que despois toca rachala e iso vai mandar carallo.



Eu con cara de "quen ostia me mandaria a min meterme nestes frejados"



O Pepis en estado puro se o queredes contratar só cobra 15euros a hora,ben os merece o rapaz, podedes estar seguro ,ten un pequeno defecto,por favor non lle decir donde esta a bodega.

domingo, 13 de diciembre de 2009

XA MO DECIA MEU ABÓ


Sempre me decia que a mellor coleccion era a dos billetes,xa que sempre subia de valor a min non se me deu outra cousa que xuntar chisqueiros.Daquela tamen tiña pensado acopiar cromos,canicas.... mais adiante intenten facer unha de amantes pero non houbo moita sorte.

Estoume consolando porque un tal Tiger Woods,que ten a coleccion completa de dolares e ia bastante ben na de amantes o final foi todo pa merda.

Vou seguir coa miña que o dia de maña nunca se sabe,se algun dos que aparecen na foto vos resulta familiar,pode ser,xa que uns cuantos "pedinos prestados"

jueves, 3 de diciembre de 2009

AS DE TODA A VIDA


Xa ae un tempo que as tendas ou "super" nos estan lembrando que falta pouco po nadal,é como ben sabemos todos poñen a mercancia estratexicamente pa que "piquemos"e levemos a que lle interese a eles.

As de toda a vida (surtido Cuétara, Artiach,Reglero.....)estan nun segundo plano,pra min estas eran é seran as mellores,que se pode comparar con un capricho de coco,crocanti,bombon,tinmarin,azteca....,dende que saiu a Isabel anunciando os "ferreros" teñenos postos por todos os lados ata donde vas a pagar pra que non se che olviden,como se tiveras a obligacion de levalos.

Logo tes invitados nestas fechas tan "señaladas"e pa tomar un "algo" que lles pos?, ou depende de quen veña?.


martes, 24 de noviembre de 2009

HABELAS HAINAS


Esta e a primeira compra que fago por internete,xuntamonos tres compañeiros o Mon,o Pelado e o que escribe na cafeteria GOYA en Ponteareas a tomar unhas "copas",xa se sabe despois de baixarse un par de botellas de "jisqui barato" apuntaste a todo, non me acordo nin me acordarei de quen empezou o tema da loteria.

Sempre traia decimos de Madrid cando traballaba,nunca tocou nada,e a trancas a barrancas decidimos traela da cataluña ,o Cherre (outro colega,este non quixo entrar na peña,debe ser por que bebe acuarius de naranxa) dixonos que a pediramos a La Bruixa d´Dor,dito e feito.

Cinco decimos 100E:transporte 20E: total 40E por cachola.

Pois haber si as dou atopado.

Estes son os numeros que nos van cambiar a nosa vida je je je

jueves, 19 de noviembre de 2009

MENSAXES QUE MATAN

Hoxe chégome esta mensaxe,a cual me deu que pensar.



Cuando vas a morir?.Como
moriras?Quieres saberlo?
Prueba el TAROT DE LA MUERTE
Te atreves?Te sorprenderas.
Responde enviando MUERTE al
7332 -1.5e\sms



Dende logo pa gañar cartos xa non saben como foderte pa que os chames,miña querida donde imos chegar.Xa estou sorprendido sin contestar,moito mantido ae no mundo

martes, 17 de noviembre de 2009

LOGO EXISTEN



Escoitei falar deles ,mais nunca tiven un na man ata hoxe pola maña,tamen e certo que pouco tempo vou disfrutar del, xa que marcha mañan pa pagar uns traballos que fixen na chabola.

Un feixe de cartos en un anaco de papei,eu non estaria tranquilo con el na carteira,non che é o mesmo perder un de vinte ou de cincuenta que este rosado

miércoles, 11 de noviembre de 2009

O CAPITAN FURILO E MAILO JULITO CONQUISTARON O CONDADO


O sabado pasado dia 7 celebrouse unha xuntanza no restaurante cuevas (Ponteareas),na cual o CAPITAN FURILO presentou o seu ultimo disco ROCK.
Este grupo xa e lexendario polas terras galegas e parte do estranxeiro,antes facianse chamar O CAIMAN DO RIO TEA supoño que debido a marcha dun compoñente e a chegada de outro fixeron este cambio de nome, a famila Furilo compoñense por Miki Furilo:guitarra teclados e coros,Mon Furilo : baixo e coros,Rafa Furilo: guitarra e voz cantante,Oscar T Furilo: bateria e percusion.

Segun teño entendido sacaron este nome dun personaxe dunha mitica serie dos ochenta (cancion triste de hill street) interpretado por Daniel J. Travanti na cual da vida a o capitan Francis Furillo

Foi todo un acontecemento xa que era unha festa ,houbo queimada,cea,sesion dj,concerto dos xa nombrados e de mailo vocalista dos SINIESTRO TOTAL Miguel Costas,tamen subiu a cantar Isaac Abalde Garcia deste xa sabia que era un"cantante" pero nunca pensei que chegara a tanto je ,je, je .

Os anos pasan pa todos ,grazas a non sei quen,é estes eventos agradecense porque sempre e unha maneira de reencontrarse con vellos compañeir@s e queiras ou non sempre ae algo que contar.

Mentras degustamos uns pinchos, fixose un brindis e o mestre de ceremonia non foi outro que coñecido no mundo mundial coma "JULITO" (polo azui e branco),aqui o tedes co micro na man esquerda e na dereita a copa,as fotos non son de grande calidade pero si se pode apreciar o significado.

Como non podia ser menos Julito en version El Señor De Los Lumes,esta non é a primeira e non vai ser a ultima queimada que saboreemos deste "amigo de toda la vida"

Normal que aia xente que non poida contenerse sen lle preguntar o CHEF cal e secreto pa conseguir que quede tan deliciosa,pero o Julito non lle solta palabra o Rodri.

Unha imaxen da actuacion,tedes mais informacion destes "monstruos" da musica en CAPITAN FURILO.COM

Esperemos que po ano, que esta a volta da esquina, nos xuntemos todolos furilos outra vez e pasemos unha noite de puta nai,que o fin llo cabo e o que se leva desta maravillosa vida,non?

miércoles, 4 de noviembre de 2009

O PEPIS (marca registrad@)

Empeza o tempo de mandarlle uns bos cocidos é estes teñen moitas "enerxias",que mellor que pa queimalas facer deporte ou algo que se lle parezca como e o caso je,je, je,je.

Xa facia tempo que o Pepis me dixera que cando puidese lle fixera unha entrada neste internacionalmente coñecido blog ,xa saiu nunha foto cando foi a festa da cervexa e dende aquela a sua fama subio mais ca espuma .

Aqui o tedes dandolle a raqueta ,un deporte que en apariencia aparenta "doado" en fisico me refiro,despois 30 minutos dandolle duro tira do bandullo de carallo.Tamen teño que escribir,co noso presupuesto non chega pa pagarlle a unha recollepelotas e ter que agacharse o lumbago relincha un pouco,si, si podedes reir,non che o mesmo estar na Freixa movendo o esqueleto que estar estoupados no sofa do salon dandolle a "play" ou a "gui".







Estilo non lle falta,o que sempre comenta e de que as pistas donde xoga Nadal e compañia son mais grandes.Vos preguntaredes porque o di,pois moi sinxelo de 100 veces que remata 50 van fora da linea de xogo e 30 saen fora do recinto e iso que unha rede ben alta,e 5 xa foron o rio Tea.




O que vos poda segurar que o PEPIS non xoga con peluca, agora si, o do "dopin",teño miñas dubidas xa que non sei se o mencia e mailo cen pippers entran dentro de esas sustancias.





Se queredes aprender algo sobre este deporte, vos recomendo, que non vexades este documental visual ,por certo os momeventos da pista non e fallo do camara,sen comentarios.





martes, 27 de octubre de 2009

SEBASTIAN LOEB ESTA QUE TRINA

Por costume o ser humano sempre tenta demostrar a sua superioridade,coma non ia ser menos o XÉ ,cando se enterou que o Vinagreteam presentase po ano a F1,este non o dubidou duas veces e xa esta preparando o coche pa correr no WRC que a Sebastian loeb esta dandolle dores de cachola je je je je.

Este video que podedes ver, esta grabado con camara oculta ,(era un entrenamiento privado e cerrado os periodistas),de ai a sua non boa calidade.




Aqui o tedes dando voltas o circuito e poñendo posta a punto a sua maquina



Se alguien o quere patrocinar podedes ser o primeiro e asi poñer a publicidade donde mais os guste,andar lixeiriños que xa anda en contacto co "tio Botin"



Impresionante eh? despois de un duro dia de desgaste, a "besta" descansa nos seus aposentos, WRC vai ter un gran triunfador,ser lugar a dudas o XÉ ,......!QUEN ANDA AHI¡

jueves, 22 de octubre de 2009

DESPOIS DUNHA NOITE DE BORRACHEIRA......



Eu non son un santo é penso que case que todos pillamos unha boa algunha vez,borracheira je je je.Pero tamen digo que ae que ser conscientes dos teus actos mais inda se falamos da seguridade ciudadan,escribo esta entrada pa referirme a chapuza que fixeron nunha estrada da parroquia de Ribadetea (ponteareas).

Xa fai uns anos que na linea continua das aceras veñen pondo unhas bandas sonoras, cando vas en coche e pasas por encima delas fan un ruido o cual e pa despertarte, de iso se trata,se te quedas dormido e o vehiculo vaise fora da estrada que te avise.

Daquela cando empezaron, mais de un pasou polo taller pa que lle votaran un vistazo a suspension,"fai un ruido do carallo".

Aqui tedes estas imaxines donde podedes comtemplar un bo traballo dun profesional, nunha carretera nova,inda pa mais carallo e se vos fixades ben en algunhas zonas deixaronas metidas dentro por non limpiar o bullo,como somos ,non daba o mesmo traballo facelo ben. que esta merda,mellor era que se quedara a "durmila"





miércoles, 21 de octubre de 2009

Que se prepare Fernando Alonso.......

Dando unhas das miñas voltas na bicicleta,pasando polo campo de balonpé atopome a Luis e a mailo Xe.

Xe e quen leva o mantenemento dos campos do C.AREAS e o Luis e un veciño da parroquia o cual lle gusta o futbol con locura,estaballe este ultimo explicando como podia facer unha rampa de formigon na entrada,xa que teñen escalons e po accesso dos paraplexicos teñen que poñer unha de madeira de quita e pon.Logo, teñen outras portas que si poden pasar sen problemas,pero donde esta a taquilla non ten.

Despois de varios minutos dandolle uns bos consellos, posto que o Xe dixo que entendera todo e disque vai pasarlle os planos que fixo Luis o "presi",rematou a xuntanza.

Luis coñecido no mundo mundial coma "vinagre" e un gran entendedor de este deporte de pelotas,moito mais se se chega a falar do Real Madrid,non ae quen lle meta mano.

Unha das ilusions que ten e poder participar na F1,e xa se esta preparando po ano, e iso de que Fernandiño vai pa Ferrari non lle mete medo ninghun que o sepades.




Coma un bo profesional que o é, estache comprobando o desgaste maila presion dos neumaticos unha das principais causas de sair fora das estradas,estilo non lle falta eh.






Outro tema principal e a direccion pero como podedes observar non se lle escapa unha chico





Estame preguntando se coñezo algun patronizador ,a verdade que algunha pegatina non lle viña mal,pero en estes tempos estache a cousa fodida,eu dixenlle que lle era mais doado peñerlle unhas luceciñas azuis e patrullar o pobo (xa que temos poucos controles de .....) o da publicidade vae estar chungo,chungo.A esperanza nunca se perde .

miércoles, 14 de octubre de 2009

AS MELLORES CASAS E DONOS DE SAN BLAS (só pa persoas maiores de idade e que non teñan dificultades de riego)

En todolos pobos sempre ae casas que destacan unhas mais cas outras,a maioria pola xente que as habita

Aqui tedes tres casas que estan situadas no barrio de San blas,Areas(Ponteareas).




Este e o pazo do Portobarreiro pertenece a un tal señor Noguerol ,entre outras empresas ten a clinica el Pinar(dedicada problemas nerviosos ,de ansiedad....) situada en Vigo,meu Tio ,que en paz descanse, sempre me contaba que despois de levar un tempo ingresado,tuvo que pedir a alta, posto que cada dia que pasaba dentro puñiase mais nerviudo .

Pa pagar a facturiña a familia tuvo que vender dous (pinares).








Esta outra casiña estache no mesmo barrio perteneciente a unha familia de los madriles,a mayoria de eles estan metidos no exercito,e en especial na Marina.

Cando eu era un rapaz ,disto non fai tanto tempo aunque alguns pensen o contrario je je je,o reparto das cartas polas casas (correo) non existia .Daquele habia que ir a tenda de Luis do alto,a un km e medio do barrio.Xa que as levaba pa miña casa non me daba ningun traballo traerllas os veciños(sempre che daban algo de propina pra comprar uns sugus ou unhas nubes,pica-pica,palotes,cheiws e se me daba pa unha mirinda moito mellor,non todos eran tan caritativos,pero o Brabido tamen tragaba doas veces a terceira xa irian os tacaños o alto de Areas se querian ler as postales) e un destes era o señor Roberto (patriarca desta gran familia,coñecida no mundo enteiro coma os Señores de San Blas.

Tamen quixeron facerse donos da capela e do torreiro donde se celebran as festas (cando se celebran),tuvemonos que movernos por que segun eles estan no terreo da sua prodiedade,canto mais teñen mais queren .
Menos mal co final arrecueron,posto que este enfrentamento podia acabar na cuarta guerra do mundo,







Pra min esta e a mais fermosa,e o que vivia nela inda mais se cabe,estivemos como veciños mais dunha decada,a nosa convivencia supoño que como todolos estremantes, uns dias bos e outros menos.

Pero todo quedaba en iso, palabras e ladridos,cando saia polo portal el sempre estaba disposto a acompañarme,fose a donde fose ,fixera sol ou choiva,por iso e moito mais. esta sempre sera a mellor casa de San Blas.

Esta entrada esta dedicada a meu desaparecido can "CACHA".



miércoles, 23 de septiembre de 2009

PRAIA FLUVIAL DE MACEIRA ,COVELO (PONTEVEDRA)

Non nós podemos queixar deste verán que estamos a rematar posto que uns dos mais quentes que eu recorde,pero como todo en esta vida o bó acabase.Aproveitando estes ultimos coletazos,fun ata Maceira (Covelo) que xa ae anos que me tiñan comentado de que fixeran unha praia fluvial moi "natural".


Sorpresa foi que non habia unha "alma",fun o luns a la polas 17:30 estrañoume xa que en outros oasis do rio Tea sempre ae xente, temos que ter en conta de que os demais dispoñen de pistas deportivas coma e Mondariz,Mondariz Balneario e Ponteareas.Xa que tiña campo libre pois a sacar fotos praadiante.

E moi fermoso,ten unha isla no medio que pa chegar a ela tes que pasar por unha ponte estilo.........Logo tes mesas pra ir a xantar ou merendar,podes pasear ,nadar.....








<>