PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA
domingo, 13 de diciembre de 2009
XA MO DECIA MEU ABÓ
Sempre me decia que a mellor coleccion era a dos billetes,xa que sempre subia de valor a min non se me deu outra cousa que xuntar chisqueiros.Daquela tamen tiña pensado acopiar cromos,canicas.... mais adiante intenten facer unha de amantes pero non houbo moita sorte.
Estoume consolando porque un tal Tiger Woods,que ten a coleccion completa de dolares e ia bastante ben na de amantes o final foi todo pa merda.
Vou seguir coa miña que o dia de maña nunca se sabe,se algun dos que aparecen na foto vos resulta familiar,pode ser,xa que uns cuantos "pedinos prestados"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Eu coleccionei sellos durante unha tempada. Agora non colecciono nada, pero teño moitos bolígrafos, jejeje
Eu diría que que amontonas chisqueiros, ja, ja.
É máis, eu xuraría que vin unha buxía.
:o)
Pois parecédesvos ti e mailo Tiger. Ao final tanto a túa colección como a del eran para dar lume!!!.
Jejejeje..non hubo sorte coa colección de amantes. Comenza por xogar o golf, seica e a maneira.
Eu coleccionaba selos, e estos si que teñen valor co tempo.Os billetes non son o meu forte, salen volando,jejeje
Bicos
Pois é unha colección xeitosa !. Anque me parece ver algún repetido e iso é trampa.
Pois xa sabes, a xogar ó golf, un pon o pau, outro a bola e tí... xa sabes, jeje. (Iso tamén vale para engordar a lista de amantes)
Miña nai! Canto chisqueiro xunto!
Eu dende nena colecciono postais, xa teño unha cuantas!
Bicos!
Pois si que tés chisqueiros! a min de pequena dábaseme por coleccionar canicas!
Apertas
e o destino tróuxome ata aquí para recuperar, ao cabo de tantos anos, e aínda que sexa a través deste monitor, o meu chisqueiro preferido. Ao miralo aí deitado, aínda sinto o seu tacto plastilíneo nas miñas mans.
deixaría un comentario máis apropiado nesta primeira visita, quizais máis alegre, pero a emoción embárghame. Aissssssss
Un saúdo afectuoso para os coleccionados, e outro para o coleccionador.
Publicar un comentario