PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA
viernes, 29 de enero de 2010
QUE,VOTAMOS UNHA TIMBA?
A dia de hoxe e o mais normal,entrar nunha cafeteria con wifi e ver os clientes con o seu ordeneitor xogar o poker "on line",eu non teño nin puta idea o meu e o:cabron,sete e medio,subastado,brisca,burro,tute sempre claro,dentro da baraxa española.
Andaba "o brabido" de "tasca" en "tasca" por Ponteareas,deuselle por tomar a penultima na "base" xa sentado e co codo apoiado na barra pedido un piscolavis,no mesmo tempo entrou un paisano gritando que gañara 12000 euros xogando o poker,disque votou 12 horas en frente o portatil,eu votanlle conta, por moita luz que consuma o aparato deulle de sobra,oh.
O dia seguinte estiven pensando e pensando,chegei a conclusion de iso non podia ser,mal pensado son carallo,escoitando as noticias pola noite,entereime de Juan Maceiras, alcalde de Miño ( A Coruña)gañou nin mais nin menos ca 256000 euros mecajonatos,con 40 euros e des horas de "traballo"na casa eh! que isto foi o domingo,non seades mal pensados.
Vou ter que ir a clases,de noite,o que eu digo e que nunca dicen o que perden.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
Son un pasmón. Non sei xogar ó póker coa baralla de Heraclio Fournier. De feito con esa xogada que amosas...pssss, so sei dicir que coas tres primeiras cartas, ás sete e media, tés unha boa man; pero do resto...lolailo!
Cantas partidiñas de cabrón botamos naqueles tempos... Cantas veces había que rozar a barriga contra o mostrador, jeje. E canto trampón había tamén...
Agora xa fai tempo que non boto unha timba, nin me apetece moito, a verdade.
Polo que teño oido, agora estase poñendo de moda o poker, e sobre todo on-line, ata o anuncian na radio. Eses gañarían moito, pero a maioría seguro que perdeu unha boa pasta. Outro método máis para enganchar a xente ó vicio do xogo.
Xa é venres, machiño, onde papas hoxe!!!
Uishhh ten coidado, mi marido esta todos os días xogando o póker online, mais sin dinero, so cas fichas.Uns poucos ganan,mais a mayoria perde.
Bicos
Eu ás cartas... mirando os ollos do que teño enfronte. Xa bastante teño con tomar o café descafeinado e con sacarina :(
A min encantábame o julepe con apostas de peso. Botabas tres horas a xogar e gañabas duascentas pesetas ( para tomar tres cafés ) .
Que tempos !.
A min non me saques da escoba, da brisca e do tute, claro que ao cinquillo era un as!!!
Teño unha partida de tute pendiente, dende fai xa non sei cantos anos, e que a botamos meu irman eu e unhos familiares que vemonos de ano en ano, e sempre estamos: "veña, vai a revancha?" a verdade e que xa non sabemos quen ten que revanchar a quen o caso e bota-la partidiña e unhas risas... :)
Bicos
Caramba!! E que fago eu traballando?
En fin! o e meu heche máis o tute, o cabrón, o subatado,a pocha , a brisca..quedome co de sempre.
Biquiños!
QUédome coa baralla española e cos típicos xogos do cabrón, o presi (ou comemerda) a escoba, birisca etc...
Unha aperta
Machiño, que!!
Que tal por San Blas, xa tomaches o vermú?
Vaite far ti dun alcalde que gaña tantos cartos "de repente"...
sigue co subastado que o outro vaite sacar máis que dar, e por riba de perder cartos non farás nin amigos.
Unha maneira un pouco ariscada
de facer cartos.
O meu coma a da maioría dos
galegos e galegas ea birisca,
o tute, a escoba e o chinchón.
Grazas por achegarte o meu agarimo.
Sígote.
Unha aperta.
Onde se ponha un bo poker, un tute cabrón, ou un chinchón que se quite o virtual. Ademáis como vas dicir iso de "carta na mesa pesa" ou insultar (carinhosamente) o do lado por facer trampas se o fas por internet.
Eu que son amante do poker, pero cos dados, afirmo, se me permites a ousadía, que o sexo e os xogos de mesa non son o mesmo de forma virtual, pola súa frialdade e distancia...xa que ambos son para pasar un bo rato e disfrutar acompanhado. jajajajaa :)
Unha aperta rapás!!!
Onde se ponha un bo poker, un tute cabrón, ou un chinchón que se quite o virtual. Ademáis como vas dicir iso de "carta na mesa pesa" ou insultar (carinhosamente) o do lado por facer trampas se o fas por internet.
Eu que son amante do poker, pero cos dados, afirmo, se me permites a ousadía, que o sexo e os xogos de mesa non son o mesmo de forma virtual, pola súa frialdade e distancia...xa que ambos son para pasar un bo rato e disfrutar acompanhado. jajajajaa :)
Unha aperta rapás!!!
Pois eu onte estiven xogando ata as 5 da mañá o subastado na casa dun amigo.
Por suposto, preto de nós estaban tamén as botellas de augardente de herbas, tostada, licor café...
Publicar un comentario