Nos anos que Xoan Travolta andaba gastando pista os sabados pola noite,entrou no eido o meu colega volpino marca de (chimpin,motoazada,mula mecanica,motocultor) aunque para min foi ó meu compañeiro sentimental.
Compañeiro xa que pasamos moitas horas traballando é paseando xuntos, movemos unhas cantas hectareas de terra ,fresando, sachando,rendando,facendo os asucos pá plantar as patacas.....
Sentimental polos bos ,malos e malisimos momentos que pasamos .
Bos cando os chollos saian ben non chovia nin facia moito sol e despois de rematala sementeira dabanche alguns fareliños , po domingo ir de marcha a tenda da capilla (Pura) e facer un botellin con un par sugos e un "dus" ou "mirinda".Dende logo él quedaba na casiña,hubo algun que ia de marcha coseu chimpin por exemplo a discos como STARS (Arbo).
Malos,pois si que tuvemos muitos ,cando non me queria traballar o cabron , e veña tirarlle do cordel ,cando estaba a terra mollada é quedaba apegada a sementadora.
Malisimos tamen houbo,poucos pero si, ata me entraba a gana de sacrificalo (vendelo),sacalle a bujia volve a tirarlle do cordelito,limpiarlle o filtro da gasofa, raspalle a bujia, é isto todo tirado no medio da leira e xa non me queda ningun santo por nombrar.
E un traballo de tres horas votas todo o dia ,si o dabas feito .
Como xa vos podedes imaxinar nosa relacion foi a menos ano tras ano ,ata o punto de que deixamos de falarnos nin sms nin ostias, polo tanto tomamola decision de separarnos,daquela non che era ben visto,no dia de hoxe xa seria mais doado e normal.
Recoñezo que pasei por malos momentos pero o tempo cura todo ¿non?,bo e os cubatas ,chuletons,mariscadas ........... axudan un pouquiño.
DEICA LOGO
PRAADIANTE QUE A VIDA E CURTA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Ben dixeche do seu nome ( mula mecanica), porque as mulas animais eramos nos, mira que puxamos, cando taba a terra mollada e habia que sementar, anda que non habia que puxar nin nada, ou tamen cando se apagaba no medio da veiga e habia que traelo apagado pa casa,"cago no chimpin" moitas tardes nos que facer...Pero o principio cando andaba con remolque si que era un chimpin, mira que fixo viaxiños. Que si as espigas, ou as patacas, o toxo... daquela si que s traballaba. Eran outros tempos.
Carallo po "Tractor amarillo! jeje. Na miña cas tamén tíñamos un volpino deses. E como dices, cando non quería, tíralle do cordel, e tíralle outra vez. Poñíache dunha mala leche...
O peor era cando había que puxar por el nalguna costeira.
Si señor! Todo unha reliquia hoxe en día.
Tes un regaliño no meu blog, jeje, se queres ven a recollelo, xa che explicarei.
Cofésoche que é a segunda vez que entro en "aqueste" blog, vexo que vas mellorando... (que non che soe isto a prepotencia, porque non o é, dígocho en serio).
...¡hui o volpino!, eu aínda andiven bastante con el, parece mentira co pequeno que era e todo o traballo que facía, non sei si se seguirá fabricando, haberá que preguntarllo a Tino; sexa como sexa foi un "moticultor" moi vendido, supoño que daquela era o que había, jejeje.
Unha aperta.
Publicar un comentario